
Saúda de Yannick Juncal
Aproveito estas liñas para dirixirme a vostedes, xa que dende a miña elección como primeiro representante do alumnado a miña principal inquedanza foi representar, da mellor maneira posíbel, ás bases que nos votaron, tanto a min coma aos meus compañeiros, ademáis de establecer unha boa comunicación alumnado-representantes.
Atrás quedan tempos nos que a representación do alumnado era inferior á demandada e a participación escasa.
Medidas coma a creación de redes sociais única e exclusivamente para o alumnado, formularios, enquisas e outros medios para facilitar a comunicación foi unha das nosas primeiras propostas.
Decidimos evitar o "dicho y hecho" para optar polo "hecho y dicho" e comezar a trocar o noso centro, sí, trocar, realizar un novo cambio, a mellor.
Novas actividades lúdicas, un maior uso da megafonía do centro e variedade musical no timbre dos cambios de clase, son exemplos da clara melloría e nos que seguiremos traballando para que avancen.
Acompañado de tres magníficos compañeiros como son: Andrea, Simón e Lucía; decidín tomar a decisión de incluír a dous colaboradores directos para o grupo de representantes do alumnado, como son: Sergio Villar Fernández (responsable de comunicación) e José Luis Ares Sainz (responsable da coordinación xeral dos delegados de clase).
Sen outro fin máis ca mellorar o noso entorno póñome ao seu dispor, para calquera inquedanza, suxestión ou crítica que vostede desexe. Enchendo o seguinte formulario poderá poñerse en contacto directo conmigo:
Reciba un cordial saúdo,
Yannick Juncal García.