

Viaxe a Asturias e Cantabria
Viaxe de estudos de 4º da ESO
17 - 21 de XUÑO
A duración do viaxe será de 5 días e 4 noites.
Aloxamento en hoteis de 2 e 3 estrelas en réxime de pensión completa. Non se inclúe a comida do primeiro día.
Día 17 de Xuño:
Saída ás 07:30 dende o aparcamento de autobuses do instituto. Deberán chegar ás 07:15.
Breves paradas en ruta e visita a Gijón. Comida pola súa conta. Pola tarde chegada e visita ás Cuevas del Soplao. Continuación da viaxe e chegada a Suances. Aloxamento no hotel Sandra II.
Día 18 de Xuño:
Almorzo no hotel e saída ó parque de Cabárceno. Visita guiada polo parque asistindo ás demostracións de cetrería e dos leóns mariños. Comida no propio parque. Pola tarde visita á localidade de Santillana del Mar. Regreso ó hotel, cena e aloxamento.
Día 19 de Xuño:
Almorzo no hotel e saída a Santander. Visita guiada de dúas horas á cidade (Catedral, xardíns, paseo de Pereda, Paseo de la Reina Victoria, El Sardinero, Palacio de la Magdalena, …). Traslado a Cangas de Onís, check-in no hotel Favila e xantar. Pola tarde traslado ó centro de actividades Jaire Aventura e realización das actividades de espeleoloxía e tiro con arco. Regreso ó hotel, cena e aloxamento.
Día 20 de Xuño:
Almorzo no hotel e saída ó centro de actividades Jaire Aventura. Descenso do río Sella. Comida pic-nic no río. Pola tarde descenso de canóns. Regreso ó hotel, cena e aloxamento.
Día 21 de Xuño:
Almorzo no hotel e saída a Jaire Aventura para realizar novas actividades pola mañá. Traslado a Oviedo. Comida en unha sidrería, paseo en grupo polo centro histórico da cidade. Regreso a Culleredo e fin da viaxe.
Datos da Axencia:
ViajesCulleredo
MARIA BELEN MUÑOZ SEIJAS,
Rúa Condes de Andrade, 1 - Local 1
Vilaboa-Rutis
15174 Culleredo - A Coruña
Teléfono: 881 992 303 – 690 394 388
Email: viajesculleredo@gmail.Com
​