

Viaxe a Roma
Viaxe de estudos de 1º de bacharelato
20-24 de XUÑO
​
Día 20 de Xuño:
Presentación no instituto e saída ás 18:00 ó aeroporto de Santiago en autocar. Saída do voo ás 21:25 ca compañía Vueling. Chegada ás 00:10 ó aeroporto de Roma e traslado ó hotel na zona de Termini en réxime de media pensión.
Días 21, 22, 23 e 24 de Xuño:
Visitas guiadas á Roma Antiga (Coliseo e Foros) e ós Museos Vaticanos (Sala de Pio Clementino, galería dos Candelabros, galería dos Tapices, galería dos mapas, Capela Sixtina)
Tamén se visitará a Basílica de San Pedro (neste caso non se permiten pantalóns cortos, minisaias nin ombros espidos. Tampouco se poderá acceder con mochilas voluminosas, nin paraugas grandes).
Hai outras visitas programadas polos profesores, e tamén se dedicará tempo a percorrer as zonas máis emblemáticas da cidade.
Para máis información pódese consultar a seguinte web:
www.grupos.ventedeviaje.es
CÓDIGO DE VIAX
E: VECISA000049
CONTRASINAL:
S5UU088R
Durante o 3º trimestre as profesoras Pilar Regueira e Paula Pazos darán durante os recreos, ós alumnos que voluntariamente asistan, unhas nocións de italiano básico (vocabulario, frases sinxelas e expresión máis empregadas) segundo un programa que se lles entregará. Con isto pretendemos facilitarlles o que se poidan desenvolver en situaciónsdiversas e que teñan unha certa autonomía durante a súa estancia en Roma
Datos da Axencia:
Viajes El Corte Inglés
Avd Rubine, 3-5 entreplanta 15004 A Coruña
Tef: 981 26 10 20 ext 1 (Ainhoa/Paula)